NOVA - CAMPAÑA A PROL DA DEFENSA DO RURAL E NON PECHE DO COLE DE BAAMONDE anpas galegas somos rural

CAMPAÑA DE APOIO AO COLE DE BAAMONDE

Dende a Federación de ANPAS de Lugo, como unha campaña común coa Confederación, á que pertencemos ANPAS GALEGAS iniciamos unha campaña  nas redes sociais de apoio á Anpa de Baamonde que loita contra o peche do seu colexio.

O compromiso pola defensa do ensino público é a razón de ser tanto da Federación coma da Confederación e iso leva consigo irremediablemente a defensa dos colexios do rural e por extensión de todo o mundo rural.

 Todos sabemos  que a interrelación dos sectores son os que fan posible unha sociedade e que ten que existir un equilibrio entre eses factores. No caso do rural ese equilibrio e moi fráxil e non estamos en condicións nin de perder un colexio nin calquera servizo esencial.

Por iso pedímosvos tamén o apoio a esta campaña, é un momento tan bo coma calquera outro para defender os coles do rural.

Consiste en publicar nas redes un cartaz cunha frase de apoio a anpa de Baamonde cun lazo negro e os #nonaopechedocoledeBaamonde , #nonaodesmantelamentorural  e se queredes, #fapacel e #anpasgalegassomosrural