Colaboracións
A escola rural, fonte de vida, garantía de futuro
Xoán C. Chillón Iglesias, mestre xubilado
Do mesmo xeito que cando pensamos na natureza, non podemos esquecer que a auga é orixe, fonte e nutrinte da vida, cando nos referimos ao espírito humano non podemos deixar de proclamar a importancia da escola. A nosa sensibilidade ecolóxica lévanos a percibir a desertización como unha grave ameaza para a vida sobre a Terra, a nosa sensibilidade cultural deberíanos previr da necesidade de regar o espírito e é nese contexto onde a escola se converte no noso viveiro, no lugar onde comprender o pasado e sementar o futuro.
Encontro Na Aldea
Macamen e Xosé Luis Alonso.
Non era domingo ... pero era día de festa.
As nenas e os nenos levaban o traxe dos domingos, estreado o día de Ramos; ían ben peiteadiños e estaban moi ledos, sorrían con ese nerviosismo da primeira vez, despois dunha noite sen poder durmir.
Nais, pais, avós e avoas, tamén endomingados, apiñábanse á porta da Casa Grande.
Eu nacín nun País que ulía a vida
Fernando Lacaci
Eu nacín nun País que ulía a vida, a xente, a herba; a suor de traballo, a cociñados eternos e sobrepostos; ulía a calma, calor e friaxe, a madeira. Canto ulía a madeira o meu Pais de neno!!, . Daquela os recendos, tamén os cheiros, tiñan un nome e unha referencia, coma tiñan nome as terras, as familias, as festas e as dores, todo se nomeaba porque todo existía.